O mércores 24 de maio tivo lugar na sede de Afundación situada na rúa do Vilar, 19, en Santiago de Compostela, un encontro entre os gañadores do Premio da Crítica 2016, Isaac Xubín e Eva Veiga, e a crítica galega representada por Eva Luna e María do Cebreiro Rábade. O acto organizado pola AGC en colaboración co Ateneo de Santiago contou tamén coa presenza de Chus Nogueira, presidenta da AGC, e o presidente do Ateneo, Salvador García Bodaño.

       

Tralos discursos de Ana Luna e María do Cebreiro, que funcionaron como presentación á obra e autor/a, Xubín e Veiga agasallaron ás persoas alí presentes coa lectura da súa obra.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ao rematar o acto fíxoselles entrega aos gañadores dunha teas pintadas de Antón Meizoso, personalizadas e inspiradas nas obras gañadoras.

 

 

 

 

 

Desde a AGC agradecemos a Isaac Xubín e Eva Veiga pola súa asistencia,a Ana Luna e María do Cebreiro pola súa boa representación da crítica galega, ao Ateneo de Santiago por deixarnos usar o seu espazo, e tamén a toda a xente que asistiu o acto para estar con nós e apoiar á crítica en Galicia. O ano que ven máis e mellor!

Podedes ver os encontro íntegro na web do Ateneo: http://www.ateneodesantiago.com/?p=10120