O sábado día 3 de novembro haberá un encontro entre crítica e creación literaria dentro das actividades programadas no Culturgal deste ano, que terá lugar os días 2, 3 e 4 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Baixo o título “A crítica aos ollos da escrita”, a poeta María Lado entrevistará ao crítico Mario Regueira ás 18:00 no espazo Libro. Pódese consultar a programación do Culturgal na seguinte ligazón: http://culturgal.com/programacion-culturgal-2016/
Deixa unha resposta