(orixinalmente publicada o 13 MAIO, 2015 en agcritica.blogaliza.org)

O 18 de abril de 2015 a Asociación Española de Críticos Literarios (AECL) deu a coñecer en Pontevedra o nome dos galardoados co Premio da Crítica 2014 nas catro linguas oficiais do Estado. Na modalidade de poesía galega o gañador foi Gonzalo Hermo con Celebración (Apiario), mentres que Xavier Quiroga se fixo co premio da narrativa con Zapatillas rotas (Xerais). A Asociación Galega da Crítica estivo representada polo crítico Ramón Nicolás.

O premio de narrativa en éuscaro levouno o escritor Unai Elorriaga con Iazko hezurrak (Susa) e o de poesía Felipe Juaristi con Piztutako etxea (Erein). En lingua catalá os premiados foron Toni Sala con Els nois (L’Altra Editorial) na modalidade narrativa e Màrius Sampere con Ningú més i l’ombra (Proa) en poesía. Andrés Ibáñez fíxose co galardón da narrativa castelá con Brilla, mar del Edén (Galaxia Gutenberg) mentres que o de poesía recaeu en Lorenzo Oliván con Nocturno casi (Tusquets).