(orixinalmente publicado o 23 ABRIL, 2016en agcritica.blogaliza.org)
O 23 de abril, coincidindo este ano co Día Internacional do Libro, fanse públicos na cidade de Santa Cruz de la Palma os títulos sobre os que recae o Premio da Crítica 2015 que concede a Asociación Española de Críticos Literarios (AECL), a proposta da Asociación Galega da Crítica. A AGC reuniuse o venres 15 de abril na Facultade de Filoloxía da USC para votar as obras que despois se presentarían a AECL. O galardón da poesía en lingua galega é para a obra O Deserto (Apiario) de María do Cebreiro, mentres que a novela que se fai co premio na modalidade de narrativa é O último día de Terranova (Xerais) de Manuel Rivas.
En éuscaro faise co premio o poemario Los poemas de Lainoa Janez de Juan Kruz Igerabide e a novela Lili eta biok de Ramon Saizarbitora. En catalán gáñano Martí Domínguez por La sega e Gemma Gorga por Mur, e en castelán o galardón na modalidade narrativa é para Cristina Fernández Cubas polo libro de relatos La habitación de Nona mentres que o de poesía recae en Ángeles Mora por Ficciones para unha autobiografía.
Deixa unha resposta