Aínda coa conmoción e a tristura polo pasamento da artista Berta Cáccamo, queremos lembrar a súa poética pictórica, singular no noso contexto. Unha obra que se ocupa da transformación do medio pictórico, das súas especifidades e procesos, rexeitando banalidades. Pintura sobre a pintura. O seu legado vainos ofrecer lucidas reflexións sobre o propio feito pictórico, unha escolla pola abstracción nun contexto hexemónico de figuración e expresionismo.

Sit tibi terra levis